Asociación Galega de Fútbol Sala, Galicia
04/12/2018 at 10:24
Head

A FUNDACIÓN FÚTBOL SALA GALEGO E SPECIAL OLYMPICS GALICIA RENOVAN A SÚA COLABORACIÓN DEPORTIVA

Ambas institucións asinaron esta maña en Compostela un acordo que da continuidade á súa colaboración e que achega o fútbol sala federado á filosofía de Special Olympics Galicia.

11 DE ABRIL, SANTIAGO DE COMPOSTELA.- A Fundación Fútbol Sala Galego (FFSG) e Special Olympics Galicia unen esforzos novamente en prol do deporte inclusivo. Da man dos seus presidentes, JUAN ÁNGEL PROBAOS MARTÍN por parte da Fundación Fútbol Sala Galego e ELADIO FERNÁNDEZ PÉREZ representando a Special Olympics Galicia, materializouse este mércores un novo acordo no que ambas entidades se alían para levar a cabo programas de acción social, onde o deporte inclusivo pasa a ser o protagonista.

Coa sinatura deste convenio, dase continuidade á colaboración de ambas institucións na posta en marcha de actividades deportivas que promovan a práctica do fútbol sala e do fútbol sala unificado entre as persoas con discapacidade intelectual. Como parte destas actividades, a Fundación Fútbol Sala Galego colaborará tamén nas Ligas promovidas por Special Olympics Galicia, nas que participan persoas con discapacidade intelectual de entidades de toda Galicia.

Durante a sinatura do novo Convenio, JUAN ÁNGEL PROBAOS agradeceu a Special Olympics Galicia a "confianza" depositada na FFSG que el preside, e recalcou o compromiso por parte da Fundación de colaborar activamente na posta en marcha de actividades de interese social e deportivo, como as que ven desenvolvendo cada ano Special Olympics Galicia".

Pola súa banda, o presidente de Special Olympics Galicia, agradeceu a disposición amosada pola Fundación "para dar continuidade a este proxecto común, que esperamos sexa un paso máis á hora de axudar á inclusión das persoas con discapacidade intelectual, así como a poner en valor os beneficios da práctica deportiva entre o colectivo ".

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.

0 Like · 0 Comments

Like
Calendar
June 2018
SunMonTueWedThuFriSat
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
Follow us
Sponsors

Your browser was unable to load all of our website's resources. This is probably due to a firewall, a proxy or one of your browser's addons or settings.

You can press Ctrl + F5 or Ctrl + Shift + R to force your browser to reload them. If this does not work, try using a different browser or contact your system administrator or ISP to solve this problem.